Roald Amundsen
Roald Engelbregt Gravning Amundsen, nado en Borge o 16 de xullo de 1872 e finado en mar de Barents posiblemente o 18 de xuño de 1928, foi un explorador noruegués das rexións polares. Foi unha figura clave do período coñecido como a Era heroica da exploración da Antártida.Dirixiu a expedición á Antártida que por primeira vez alcanzou o Polo Sur. Tamén foi o primeiro en sucar o Paso do Noroeste, que unía o Atlántico co Pacífico, e formou parte da primeira expedición aérea que sobrevoou o Polo Norte.
Contaba cunha excelente formación mariñeira e unha especial habilidade nas técnicas de supervivencia, aprendidas en parte da súa experiencia en deportes invernais, na vida dos esquimós e nas expedicións que lle precederon. Nas súas diferentes expedicións contou cun renombrado equipo nos campos da navegación, do esquí, da enxeñería aeronáutica e da aviación. Amundsen desapareceu o 18 de xuño de 1928 mentres voaba en avión no transcurso dunha operación de rescate no Ártico. Veröffentlicht in Wikipedia
-
1
-
2
-
3
-
4
-
5


