Rudolf Arnheim
Rudolf Arnheim, nado en
Berlín o
15 de xullo de
1904 e finado o
9 de xuño de
2007, foi un autor de orixe
alemá, teórico do
cine e da
arte e
psicólogo perceptual. Aprendeu
psicoloxía da Gestalt como alumno de Max Wertheimer e Wolfgang Köhler na
Universidade de Berlín e aplicouno á arte. A súa obra magna foi ''Arte e Percepción Visual: Unha psicoloxía do ollo criativo'' (''Art and Visual Perception: A Psychology of the Creative Eye,''
1954). Outros libros importantes escritos por Arnheim son ''Pensamento Visual'' (''Visual Thinking,''
1969), e ''O Poder do Centro: Un Estudo de Composición nas Artes Visuais'' (''The Power of the Center: A Study of Composition in the Visual Arts,''
1982). ''A arte e a percepción Visual'' foi revisado, ampliado e publicado como versión nova en
1974, e foi traducido a catorce linguas. Viviu en Alemaña, Italia, Inglaterra e os Estados Unidos, onde ensinou no Sarah Lawrence College, na
Universidade de Harvard, e na
Universidade de Míchigan. O seu traballlo influíu moito na historia da arte e na psicoloxía en
América.
En ''Art and Visual Perception'', Arnheim tenta utilizar a
ciencia para entender mellor a arte. No seu libro posterior ''Visual Thinking'', Arnheim analiza a suposición de que a
linguaxe "vai antes" da percepción. Para Arnheim, o acceso único a realidade que temos é polos nosos sentidos. Arnheim tamén argumenta que a sensación é fortemente identificada co
pensamento, e que a expresión artística é outro xeito de
razoamento. En ''The Power of the Center'', Arnheim sitúa a interacción de
arte e
arquitectura en concéntricos e enreixados patróns espaciais. Argumenta que a forma e o contido son indivisibles, e que os patróns creados polos artistas revelan a natureza de experiencia humana.
Veröffentlicht in Wikipedia