Dante Alighieri

A finais da Idade Media, a meirande parte da poesía estaba escrita en latín, e só era accesible para audiencias educadas. Porén, en ''De vulgari eloquentia'', Dante defende o emprego das linguas vernáculas na literatura. Mesmo chegou a escribir en toscano en obras como ''Vita nuova'' (1295) e na devandita ''Divina Comedia''. Esta escolla, malia ser pouco ortodoxa, sentou un importante precedente que outros escritores italianos como Petrarca ou Boccaccio continuarían. Como resultado, Dante tivo un papel chave no estabelecemento da lingua nacional de Italia. A relevancia de Dante tamén se estende alén do país, as súas descricións do Inferno, do Purgatorio e do Ceo serviron de inspiración para un gran número de obras de arte occidental, e son citadas como influencias nas obras de John Milton, Geoffrey Chaucer, William Shakespeare e Lord Alfred Tennyson, entre outros.
En italiano é coñecido como ''il Sommo Poeta'' («o Poeta Supremo»). A Dante tamén se lle considera o «pai do idioma» italiano (chamado ''volgare ''naquela época). A súa primeira biografía foi escrita por Giovanni Boccaccio (1313-1375), no ''Trattatello in laude di Dante''. Veröffentlicht in Wikipedia
-
1
-
2
-
3
-
4
-
5
-
6
-
7
-
8
-
9
-
10por Dante Alighieri
Publicado 1966Número de Clasificación: [mehrbändig! Sign. s. bei den Bänden]Libro -
11