Antonio Gramsci

Durante o encarceramento, escribiu 30 cadernos e 3 000 páxinas que conforman os seus ''Quaderni del carcere''. Estes están considerados unha gran contribución á teoría política do século XX, abarcando unha ampla temática (historia e nacionalismo de Italia, Revolución Francesa, fascismo, fordismo, sociedade civil, folclore, relixión e cultura). Isto débese a que tivo influencias de distintas correntes, non só marxistas, tales como Niccolò Machiavelli, Vilfredo Pareto, Georges Sorel e Benedetto Croce.
Gramsci é coñecido pola súa teoría da hexemonía cultural, que explica como o aparello do estado e a clase capitalista gobernante (a burguesía) empregan as institucións culturais para manter o poder en dita sociedade. Dende o seu punto de vista, a burguesía desenvolve unha cultura hexemónica empregando a ideoloxía en lugar da violencia, a forza económica ou a coerción. Esta propaga os seus propios valores e normas, que se tornan no "sentido común", mantendo así o ''statu quo''. Polo tanto, o poder hexemónico é usado para manter o consentimento da orde capitalista antes de acudir ao poder coercitivo. Esta hexemonía cultural é producida e reproducida pola clase dominante mediante as institucións que conforman a superestrutura. Veröffentlicht in Wikipedia
-
1
-
2
-
3
-
4
-
5
-
6
-
7
-
8
-
9
-
10
-
11
-
12