Gottfried Wilhelm Leibniz

De feito, o ton de Diderot é case de desesperanza noutra observación, que contén igualmente moita verdade: «Cando un compara os seus talentos cos de Leibniz, un ten a tentación de tirar todos os seus libros e ir morrer silenciosamente na escuridade dalgún recuncho esquecido». A reverencia de Diderot contrasta cos ataques que outro importante filósofo, Voltaire, lanzaría contra o pensamento filosófico de Leibniz, consecuencia do aprecio que sentía por Newton e do desprezo que sentía polo optimismo en que desembocaba o seu sistema filosófico. A pesar de recoñecer a vastedade da obra deste, Voltaire sostiña que en toda ela non había nada útil que fose orixinal, nin nada orixinal que non fose absurdo e risible.
Ocupa un lugar igualmente importante tanto na historia da filosofía como na da matemática. De maneira independente ao traballo de Newton (quen o desenvolvera 10 anos antes pero non o publicara debido ao seu trauma pola crítica que unha vez lle fixera Robert Hooke) desenvolveu o cálculo infinitesimal e a súa notación que é a que se emprega desde entón. Tamén inventou o sistema binario, fundamento virtual de todas as arquitecturas das computadoras actuais. Foi un dos primeiros intelectuais europeos que recoñeceron o valor e a importancia do pensamento chinés e de China como potencia desde todos os puntos de vista.
René Descartes, Baruch de Spinoza e Leibniz integran a terna dos tres grandes racionalistas do século XVII. A súa filosofía vincúlase tamén coa tradición escolástica e anticipa a lóxica moderna e a filosofía analítica. Leibniz fixo así mesmo contribucións á tecnoloxía e anticipou nocións que apareceron moito máis tarde en bioloxía, medicina, xeoloxía, teoría da probabilidade, psicoloxía, enxeñería e ciencias da computación. As súas contribucións a esta vasta lista de temas recóllese en diarios e en decenas de miles de cartas e manuscritos inéditos. Ata o momento, non se realizou unha edición completa dos seus escritos, e por iso non é posible aínda facer un reconto integral dos seus logros.
Acredítaselle a creación do termo "función" (1694), que usou para describir unha cantidade relacionada cunha curva, como por exemplo a inclinación dunha curva ou un punto calquera dunha curva. En xeral, xunto con Newton, considérase a Leibniz como protagonista do desenvolvemento do cálculo moderno; en particular polo seu desenvolvemento do cálculo Integral e da regra do produto.
Demostrou xenialidade tamén nos campos da lei, relixión, política, historia, literatura, lóxica, metafísica e filosofía. Foi o primeiro en comprender que a anatomía da lóxica -as leis do pensamento- é un asunto de análise combinatoria. Na súa visión da existencia dunha “característica universal”, Leibniz atopábase dous séculos por diante, no que concirne á matemática e á lóxica. A unión nun único cerebro, da máis alta habilidade en dous amplos dominios do pensamento matemático, o analítico e o combinatorio, ou o continuo e o descontinuo, non ten precedentes nin antes nin despois de Leibniz. Foi o único home na historia da matemática, que tivo estas dúas calidades de pensamento nun grao superlativo. Veröffentlicht in Wikipedia
-
1Libro
-
2
-
3por Leibniz, Gottfried Wilhelm
Publicado 1966Número de Clasificación: [mehrbändig! Sign. s. bei den Bänden]Libro -
4