El Lissitzky

Toda a carreira de El Lissitzky está intimamente ligada á crenza de que o artista podería ser un axente do cambio, resumido máis tarde no seu edicto, ''"das zielbewußte Schaffen"'': creación orientada ao obxectivo. Lissitzky, de fe xudía, comezou a súa carreira con ilustracións de libros infantís en lingua yiddish como un xeito de promover a cultura xudía en Rusia, un país en profundo cambio e que derrogara recentemente as leis antisemitas. Comezou a ensinar aos 15 anos, actividade que continuou ao longo da súa vida. Durante varias décadas, deu clases en diversos cargos nas máis variadas escolas e círculos artísticos, divulgando e profundizando conceptos. Este sentido do deber estivo presente cando traballou con Malevich na dirección do grupo artístico suprematista UNOVIS, onde desenvolveu a súa propia variante suprematista, Proun, e máis tarde, cando en 1921 asumiu o posto de embaixador cultural de Rusia na República de Weimar, en Alemaña, influíndo en figuras relevantes da Bauhaus e do movemento De Stijl durante a súa estadía.
O seu traballo influíu e deu lugar a importantes innovacións na tipografía, a fotomontaxe, o ''deseño de exposicións'' e a ilustración literaria, sendo o autor de obras de renome internacional que son veneradas por críticos especializados. Permaneceu produtivo até o seu leito de morte, onde produciría, en 1941, un dos seus últimos traballos: un cartel de propaganda soviética de mobilización para a construción de tanques de guerra para loitar contra a Alemaña nazi. Veröffentlicht in Wikipedia
-
1
-
2
-
3
-
4
-
5por Heine, HeinrichOutros autores: “...Lissitzky, El...”
Publicado 1978
Número de Clasificación: R 11Libro