Rosa Luxemburg

Rosa en 1895. Rosa Luxemburg (en polaco: Róża Luksemburg e tamén Rozalia Luxenburg), nada en Zamość (Imperio Ruso) o ou 1870 e finada en Berlín o 15 de xaneiro de 1919, foi unha militante socialista e teórica marxista polaca de orixe xudía, nacionalizada alemá.

Foi membro do partido da Socialdemocracia do Reino de Polonia e Lituania (SDKPiL), do Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD), do Partido Independente Socialdemócrata de Alemaña (USPD) e do Partido Comunista de Alemaña (KPD).

En 1915, debido ao apoio prestado polo SPD á participación alemá na primeira guerra mundial, ela, xunto con Karl Liebknecht fundaron a Liga Espartaquista (''Spartakusbund'') que posteriormente se convertería no Partido Comunista Alemán.

Durante a Revolución Alemá de 1918 fundou o xornal ''Die Rote Fahne'' (''A Bandeira Vermella''), que se converteu no órgano central do movemento espartaquista. Publicou diversas análises e ensaios noutros xornais da época, como o ''Leipziger Volkszeitung'' e ademais, foi autora de múltiples libros, dos cales destaca ''Die Akkumulation des Kapitals'' (en galego, ''A acumulación do capital''), e tamén ''Sozialreform oder Revolution?'' (en galego, ''Reforma ou Revolución'') (1899), ''Massenstreik, Partei und Gewerkschaften'' (en galego, ''Folga de masas, partido e sindicato'') (1906), e ''Die russische Revolution'' (en galego, ''A revolución rusa'') (1918), no cal critica construtivamente á mesma e sostén que a maneira soviética de facer a revolución non pode ser universalizada para tódalas latitudes.

Viu o levantamento espartaquista producido en 1919 como unha equivocación, porén, chegou a apoialo máis tarde. Cando o goberno socialdemócrata, xunto cos Freikorps (soldados que participaran na primeira guerra mundial, e que se organizaron en grupos paramilitares), acabaron coa revolta, Luxemburg, Liebknecht e outros dos participantes foron detidos e asasinados. Luxemburg recibiu un disparo e o seu corpo foi guindado ao Landwehrkanal, en Berlín.

As súas ideas inspiraron tendencias da esquerda comunista e deron orixe ''a posteriori'' á corrente intelectual coñecida baixo o nome de luxemburgismo. A herdanza de Rosa Luxemburg foi reivindicada no entanto, de maneira contraditoria, por movementos políticos moi diferentes.

Debido ás súas críticas tanto ás escolas leninista coma ós máis moderados socialdemócratas do socialismo, Luxemburg tivo unha acollida ambivalente entre os académicos e teóricos da esquerda política. Con todo, Luxemburg e Liebknecht foron idolatrados como mártires comunistas polo réxime comunista da Alemaña do Leste.

O seu traballo, tanto no eido teórico como práctico, para a consecución dun socialismo democrático internacional, en contra do militarismo e da guerra, é considerado hoxe en día por moitos un modelo a seguir. Dende 1996, un domingo a mediados de xaneiro celébrase cada ano, en Berlín, o día de Rosa Luxemburg e Karl Liebknecht, en lembranza do asasinato dos dous dirixentes comunistas o 15 de xaneiro de 1919, e a Oficina Federal para a Protección da Constitución alemá indica que a idolatría por eles é unha importante tradición da extrema esquerda alemá. Veröffentlicht in Wikipedia
Treffer 1 - 20 von 79 für Suche 'Luxemburg, Rosa', tempo de consulta: 0.02s Limitar resultados
  1. 1
    por Luxemburg, Rosa, Luxemburg, Rosa
    Publicado 1951
    Número de Clasificación: D 023
    Libro
  2. 2
    por Luxemburg, Rosa, Luxemburg, Rosa
    Publicado 1951
    Número de Clasificación: D 023
    Libro
  3. 3
    por Luxemburg, Rosa, Luxemburg, Rosa
    Publicado 1955
    Número de Clasificación: D 023
    Libro
  4. 4
    por Luxemburg, Rosa, Luxemburg, Rosa
    Publicado 1955
    Número de Clasificación: D 023
    Libro
  5. 5
    por Luxemburg, Rosa, Luxemburg, Rosa
    Publicado 1984
    Número de Clasificación: D 910
    Libro
  6. 6
    por Luxemburg, Rosa, Luxemburg, Rosa
    Publicado 1987
    Número de Clasificación: D 910
    Libro
  7. 7
    por Luxemburg, Rosa
    Publicado 1979
    Número de Clasificación: D 910
    Libro
  8. 8
    por Luxemburg, Rosa
    Publicado 1979
    Número de Clasificación: D 910
    Libro
  9. 9
    por Luxemburg, Rosa
    Publicado 1958
    Número de Clasificación: D 342
    Libro
  10. 10
    por Luxemburg, Rosa
    Publicado 1958
    Número de Clasificación: D 342
    Libro
  11. 11
    por Luxemburg, Rosa
    Publicado 1950
    Número de Clasificación: D 910
    Libro
  12. 12
    por Luxemburg, Rosa
    Publicado 1950
    Número de Clasificación: D 910
    Libro
  13. 13
    por Luxemburg, Rosa
    Publicado 1950
    Número de Clasificación: D 910
    Libro
  14. 14
    por Luxemburg, Rosa
    Publicado 1950
    Número de Clasificación: D 910
    Libro
  15. 15
    por Luxemburg, Rosa
    Publicado 1977
    Número de Clasificación: D 910
    Libro
  16. 16
    por Luxemburg, Rosa
    Publicado 1977
    Número de Clasificación: D 910
    Libro
  17. 17
    por Luxemburg, Rosa
    Publicado 1970
    Número de Clasificación: D 023
    Libro
  18. 18
    por Luxemburg, Rosa
    Publicado 1970
    Número de Clasificación: D 023
    Libro
  19. 19
    por Luxemburg, Rosa
    Publicado 1983
    Número de Clasificación: D 910
    Libro
  20. 20
    por Luxemburg, Rosa
    Publicado 1946
    Número de Clasificación: D 910
    Libro