Hannes Meyer

Comezou a súa carreira en Basilea e Berlín, antes de que o fundador da Bauhaus, Walter Gropius, o chamase para facerse cargo da dirección da institución. Durante o seu mandato deseñou a escola federal da Confederación Xeral Sindical Alemá en Bernau e os edificios chamados (casa con acceso ó balcón) en Dessau. Sempre desde postulados moi politizados, Hannes Meyer teorizou e desenvolveu unha concepción da arquitectura e o urbanismo fortemente influenciados polo marxismo, tanto nos seus aspectos filosóficos, de formular o deseño como tese, antítese e síntese, como nos seus fins, xa que os beneficios do deseño de produto (sexa arquitectónico ou calquera tipo de desño industrial) deben reverter na sociedade, filosofía que se estendeu a toda a Bauhaus. As súas posicións políticas levaron ao seu cesamento da escola, sendo substituído por Mies van der Rohe, quen era veterano da Primeira guerra mundial (a Bauhaus foi fechada igualmente polos nazis, estando baixo a dirección de Mies). Meyer exiliouse logo na Unión Soviética, e uns anos despois en México, onde dirixiu programas de urbanismo.
O papel de Hannes Meyer na historia da Bauhaus foi minimizado durante moito tempo, posibelmente debido aos seus posicionamentos marxistas, especialmente logo de que Mies van der Rohe tratase de "despolitizar" a escola para, infructuosamente, evitar o seu peche polos nazis, que finalmente se produciu en 1933. Meyer tamén foi alcumado ''o director descoñecido da Bauhaus.'' Veröffentlicht in Wikipedia
-
1
-
2por Meyer, Hannes
Publicado 1980Número de Clasificación: [mehrbändig! Sign. s. bei den Bänden]Libro -
3