Novalis

Ademais dos ''Himnos á noite'' e os conxuntos de fragmentos ''Blüthenstaub'' e ''Glauben und Liebe'' (o núcleo da súa obra publicada en vida), a súa produción inclúe dúas novelas inconclusas (''Die Lehrlinge zu Sais'' e ''Heinrich von Ofterdingen''), un poemario de temática relixiosa (''Cantos espirituais'') xunto a varias poesías soltas, dous ensaios (''Die Christenheit oder Europa'' e o ''Monólogo'') e diversos grupos de fragmentos e apuntamentos, como os “Fragmentos logolóxicos”, os temperáns ''Fichte-Studien'' ou o máis tardío ''Das allgemeine Brouillon'', máis coñecido como ''Enciclopedia''.
A súa figura asociouse tradicionalmente ao tópico literario da “flor azul”, á súa historia de amor con Sophie von Kühn, á súa cosmovisión coñecida como “idealismo máxico”, ao pensamento místico e á súa pertenza ao grupo dos primeiros románticos alemáns, entre os cales se contaban os seus amigos e responsables da primeira edición das súas obras Friedrich Schlegel e Ludwig Tieck. Actualmente considérase que algunhas destas asociacións, en particular a do seu vínculo con Sophie von Kühn, a cuxa temperá morte se adxudicou tradicionalmente un pretendido xiro cara ao misticismo no pensamento novaliano, fúndanse nun estudo parcial e pouco coidadoso da súa obra e en simplificacións presentes nas primeiras edicións dos seus escritos e nalgunhas biografías temperás.
A súa vida profesional desenvolveuse no ámbito da minaría (chegou a ser inspector das minas de sal de Weißenfels), temática recorrente na súa obra literaria. Unha parte central dos seus estudos e intereses orientábase, en xeral, ás investigacións científicas. Esta orientación atópase moi presente tanto na súa obra teórica como na súa produción literaria, na que se acode con frecuencia a teorías como as do magnetismo, o galvanismo ou a alquimia e ao tema, en xeral, do estudo da natureza. Veröffentlicht in Wikipedia
-
1
-
2
-
3
-
4
-
5
-
6
-
7
-
8
-
9
-
10
-
11
-
12
-
13