Marco Polo

Mosaico de Marco Polo exposto no Palacio Doria-Tursi, [[Xénova Marco Polo, nado en Venecia c. 15 de setembro de 1254 e finado tamén en Venecia o 9 de xaneiro de 1324, foi un comerciante, explorador e escritor italiano da República de Venecia. que viaxou por Asia ao longo da ruta da seda entre 1271 e 1295. As súas viaxes recóllense no libro ''As viaxes de Marco Polo'' (tamén coñecido como ''Libro das Marabillas do Mundo'' ou ''Il Milione'' en italiano, c. 1300), que describía aos europeos a entón misteriosa cultura e o funcionamento interno do mundo oriental, incluídas a riqueza e o gran tamaño do Imperio Mongol e a China da dinastía Yuan, ofrecéndolles a primeira visión completa da China, Persia, India, Xapón e outras cidades e países asiáticos.

Nado en Venecia, Marco aprendeu o comercio grazas ao seu pai e ao seu tío, Niccolò e Maffeo, que viaxaron por Asia e coñeceron a Khublai Khan. En 1269, regresaron a Venecia para atoparse por primeira vez con Marco. Os tres emprenderon unha viaxe épica a Asia, explorando moitos lugares ao longo da ruta da seda ata chegar a Catai (China). Foron recibidos pola corte real de Khublai Khan, que quedou impresionado pola intelixencia e humildade de Marco. Marco foi nomeado emisario de Khan no estranxeiro, e foi enviado en numerosas misións diplomáticas por todo o imperio e o sueste asiático, como nas actuais Myanmar, India, Indonesia, Sri Lanka e Vietnam. Como parte deste nomeamento, Marco tamén viaxou cumpridamente polo interior da China, vivindo nas terras do emperador durante 17 anos e vendo moitas cousas que ata entón eran descoñecidas para os europeos. Cara a 1291, os Polos tamén se ofreceron a acompañar á princesa mongol Kököchin a Persia; chegaron cara a 1293. Tras deixar á princesa, viaxaron por terra a Constantinopla e logo a Venecia, regresando a casa ao cabo de 24 anos. Nesta época, Venecia estaba en guerra con Xénova; Marco foi capturado e encarcerado polos xenoveses tras unirse ao esforzo bélico e ditou as súas historias a Rustichello da Pisa, un compañeiro de cela. Foi liberado en 1299, converteuse nun rico comerciante, casou e tivo tres fillos. Morreu en 1324 e foi enterrado na igrexa de San Lorenzo en Venecia.

Aínda que non foi o primeiro Europeo en chegar a China, Marco Polo foi o primeiro en deixar unha crónica detallada da súa experiencia. Este relato de Oriente proporcionou aos europeos unha imaxe clara da xeografía e os costumes étnicos de Oriente, e foi o primeiro rexistro occidental da porcelana, da pólvora, do papel moeda e algunhas plantas e animais exóticos asiáticos. O seu libro de viaxes inspirou a Cristovo Colón e a moitos outros viaxeiros. Tamén influíu na cartografía europea, dando lugar á introdución do Atlas Catalán e do mapamundi de Fra Mauro. Veröffentlicht in Wikipedia
Treffer 1 - 10 von 10 für Suche 'Polo, Marco', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
    por Polo, Marco
    Publicado 1949
    Número de Clasificación: R 16
    Libro
  2. 2
    por Polo, Marco
    Publicado 1949
    Número de Clasificación: R 16
    Libro
  3. 3
    por Polo, Marco
    Publicado 1949
    Número de Clasificación: R 16
    Libro
  4. 4
    por Polo, Marco
    Publicado 1949
    Número de Clasificación: R 16
    Libro
  5. 5
    por Polo, Marco
    Publicado 1986
    Número de Clasificación: L 024
    Libro
  6. 6
    por Polo, Marco
    Publicado 1986
    Número de Clasificación: L 024
    Libro
  7. 7
    por Polo, Marco
    Publicado 1972
    Número de Clasificación: [mehrbändig! Sign. s. bei den Bänden]
    Libro
  8. 8
    por Polo, Marco
    Publicado 1972
    Libro
  9. 9
    por Polo, Marco
    Publicado 1951
    Número de Clasificación: [mehrbändig! Sign. s. bei den Bänden]
    Libro
  10. 10
    por Polo, Marco
    Publicado 1951
    Libro