Leonardo da Vinci

É máis coñecido como pintor e dúas das súas obras máis soadas son a ''Mona Lisa'', tamén coñecida como ''A Gioconda'', e ''A Última Cea'', copiadas e parodiadas en múltiples ocasións, do mesmo xeito que o seu debuxo do ''Home de Vitruvio'', que chegaría a ser retomado en numerosos traballos derivados. Porén, só se coñecen unha vintena das súas obras, debido principalmente aos seus constantes (e ás veces desastrosos) experimentos con novas técnicas e á súa inconstancia crónica. Este reducido número de creacións, xunto cos seus cadernos que conteñen debuxos, diagramas científicos e reflexións sobre a natureza da pintura, constitúen un legado para as sucesivas xeracións de artistas, só igualado, salvando as distancias, unicamente por Michelangelo.
A pegada de Leonardo na historia da arte europea é bastante profunda. Algunhas técnicas desenvolvidas por el, destacadamente o ''sfumato'' e o ''clarescuro'', tornáronse unha regra para a pintura dos séculos vindeiros.
Como enxeñeiro e inventor, Leonardo desenvolveu ideas moi adiantadas ao seu tempo, tales como o helicóptero, o carro de combate, o submarino e o automóbil. Moi poucos dos seus proxectos chegaron a construírse (entre eles a máquina para medir o límite elástico dun cable), xa que a maioría aínda non eran realizables nesa época. Como científico, Leonardo da Vinci fixo progresar moito o coñecemento nas áreas da anatomía, a enxeñaría civil, a óptica e a hidrodinámica.
No ano 2008 foi elixido, nunha enquisa elaborada co motivo da celebración do Día de Europa en 50 países europeos, o personaxe máis influente na sociedade europea actual. Nun estudo realizado en 1926 o seu cociente intelectual (CI) foi estimado en cerca de 180. Veröffentlicht in Wikipedia
-
1
-
2
-
3
-
4
-
5
-
6
-
7
-
8
-
9
-
10
-
11
-
12