Walt Whitman

Foi o primeiro poeta que experimentou as posibilidades do verso libre, servíndose dunha linguaxe sinxela e moi achegada á prosa, á vez que creaba unha nova mitoloxía para a nova nación estadounidense, segundo os postulados do americanismo emerxente. O individualismo, os relatos das súas propias experiencias, un tratamento revolucionario do impulso erótico e a crenza nos valores universais da democracia son os trazos novidosos da súa poética; na liña co romanticismo do momento. Propuxo na súa poesía unha comuñón entre os homes e a natureza de signo achegado ao panteísmo. Tanto polos seus temas como pola forma, a poesía de Whitman arredábase de todo canto se entendía habitualmente por poético, aínda que soubo crear cos novos materiais momentos de fondo lirismo.
A súa obra, concentrada nas sucesivas edicións de ''Follas de herba'', é referencia indispensable en gran parte dos poetas modernos. Veröffentlicht in Wikipedia
-
1
-
2
-
3
-
4
-
5
-
6
-
7
-
8
-
9
-
10
-
11
-
12
-
13
-
14
-
15
-
16
-
17
-
18