William Carlos Williams

William Carlos Williams, nado en Rutherford (Nova Jersey) o 17 de setembro de 1883 e finado na mesma cidade o 4 de marzo de 1963, foi un escritor estadounidense vinculado ao modernismo e ao imaxismo. É especialmente coñecido pola súa obra poética.

Ademais de exercer como médico e de escribir dramas e prosa variada, Williams é un dos poetas modernistas máis innovadores e admirados. Foi condiscípulo dos poetas Ezra Pound e Hilda Doolittle, e nos primeiros poemas acusou a influencia do imaxismo.

Máis tarde converteuse en impulsor do uso literario da fala coloquial. O seu bo oído para os ritmos naturais do inglés falado axudouno a liberar a poesía da métrica que imperaba na versificación en inglés dende o Renacemento. Superada a tendencia imaxista, foi un poeta de gran sinxeleza expresiva e de fácil comprensión, con certo gusto pola adiviña, interesado na constante experimentación e na intimidade lírica. Como outros modernistas, procurou diluír a figura do poeta, deixando que falase o poema por si. Non buscou os símbolos nas cousas senón máis ben as propias cousas, que expresa imitando a fluidez da fala.

Williams cre que a realidade obxectiva esperta a imaxinación de quen a percibe, e non o proceso inverso. Utiliza o verso libre e a disposición visual das liñas marca a estrutura poética. Na súa obra ''Paterson'', escrita ao longo de varios anos, mestura poesía, prosa e colaxe incluíndo mesmo fragmentos de publicidade. Constitúe unha especie de biografía épica dun doutor-poeta, pero formalmente consiste nunha montaxe de escenas e de imaxes, con poucos verbos que as vinculen explicitamente. Veröffentlicht in Wikipedia
Treffer 1 - 12 von 12 für Suche 'Williams, William Carlos', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
    por Williams, William Carlos
    Publicado 1988
    Número de Clasificación: R 11
    Libro
  2. 2
    por Williams, William Carlos
    Publicado 1988
    Número de Clasificación: R 11
    Libro
  3. 3
    por Williams, William Carlos
    Publicado 1989
    Número de Clasificación: R 11
    Libro
  4. 4
    por Williams, William Carlos
    Publicado 1989
    Número de Clasificación: R 11
    Libro
  5. 5
    por Williams, William Carlos
    Publicado 1989
    Número de Clasificación: R 11
    Libro
  6. 6
    por Williams, William Carlos
    Publicado 1989
    Número de Clasificación: R 11
    Libro
  7. 7
    por Williams, William Carlos
    Publicado 1989
    Número de Clasificación: R 11
    Libro
  8. 8
    por Williams, William Carlos
    Publicado 1987
    Número de Clasificación: R 11
    Libro
  9. 9
    por Williams, William Carlos
    Publicado 1987
    Número de Clasificación: R 11
    Libro
  10. 10
    por Williams, William Carlos
    Publicado 1987
    Número de Clasificación: R 11
    Libro
  11. 11
    por Williams, William Carlos
    Publicado 1987
    Número de Clasificación: R 11
    Libro
  12. 12
    por Williams, William Carlos
    Publicado 1987
    Número de Clasificación: R 11
    Libro