Victor Hugo

Ocupa un posto notable na historia das letras francesas do século XIX nunha gran variedade de xéneros e ámbitos. Foi un poeta lírico, con obras como ''Odes et Ballades'' (1826), ''Les Feuilles d’automne'' (1832) ou ''Les Contemplations'' (1856), poeta comprometido contra Napoleón III en ''Les Châtiments'' (1853) e poeta épico en ''La Légende des siècle'' (1859 e 1877). Foi tamén un novelista popular e de grande éxito con obras como ''Notre-Dame de Paris'' (1831) ou ''Les misérables'' (1862). En teatro expuxo a súa teoría do drama romántico na introdución de ''Cromwell'' (1827), e ilústraa principalmente con ''Hernani'' (1830) e ''Ruy Blas'' (1838).
A súa extensa obra inclúe tamén discursos políticos na Cámara dos Pares, na Asemblea Constituente e na Asemblea Lexislativa -especialmente sobre temas como a pena de morte, a educación ou Europa-, crónicas de viaxes -''Le Rhin'' (1842) ou ''Choses vues'', (póstuma 1887 e 1890)?, así como unha abundante correspondencia.
Contribuíu de forma notable á renovación lírica e teatral da época; foi admirado polos seus contemporáneos e aínda o é hoxe en día, aínda que certos autores modernos considerano un escritor controvertido. A súa implicación política, que lle supuxo unha condena ao exilio durante os vinte anos do Segundo Imperio Francés (1852-1870), permitiu a posteriores xeracións de escritores unha reflexión sobre a implicación e o compromiso dos escritores na vida política e social.
As súas opinións, á vez morais e políticas, e a súa obra excepcional, converterono nun personaxe emblemático a quen a Terceira República honrou á súa morte cun funeral de Estado, celebrado o 1 de xuño de 1885 e ao que asistiron máis de dous millóns de persoas, e coa inhumación dos seus restos no Panteón de París. Veröffentlicht in Wikipedia
-
1
-
2
-
3Número de Clasificación: R 11Libro
-
4Número de Clasificación: R 11Libro
-
5
-
6
-
7Número de Clasificación: R 11Libro
-
8Número de Clasificación: R 11Libro
-
9
-
10
-
11
-
12
-
13
-
14
-
15
-
16
-
17
-
18
-
19
-
20