Italo Svevo
Italo Svevo, pseudónimo de Aron Hector Schmitz, nado en Trieste o 19 de decembro de 1861 e finado en Motta di Livenza o 13 de setembro de 1928, foi un destacado escritor e dramaturgo italiano.Foi un autor con fortes vencellos coa cultura centroeuropea, de tal modo que tras o seu nome de pluma se agocha unha homenaxe respectivamente ás culturas italiana e á alemá, como proba da mestizaxe característica da súa vila natal, Trieste.
Empregado de banca, iniciouse na escritura con artigos e relatos. No ano 1892 escribiu a súa primeira novela, ''Una vita'', á que seguiron ''Senilità'' (1898) e a que talvez sexa a súa obra máis soada, ''La coscienza di Zeno'' (1923), textos cos que atraeu o interese da crítica principalmente póstuma.
Seguidor dos escritores realistas franceses, Svevo introduciu na literatura italiana unha visión analítica do real, no que outurga un gran peso á conciencia. Veröffentlicht in Wikipedia
-
1
-
2
-
3
-
4
-
5
-
6
-
7
-
8
-
9
-
10